A delegación de alumnado da Facultade de Dirección e Xestión Pública intégrana un grupo de alumnos e alumnas das modalidades presencial e virtual do Grao en Dirección e Xestión Pública e do Máster “virtual” en Dirección Pública e Liderazgo Institucional.
A súa misión é achegar a visión do alumnado que forma a #comunidadDXP en Pontevedra, Galicia, España e América Latina aos títulos presentes e futuros da FACDXP, así como axudar a deseñar e colaborar nas diferentes actividades de formación complementaria, debate, acción social e cultural que se poñen en marcha ao longo de cada curso académico.
Alumni DXP
Os “AlumniDXP” intégrano o alumnado graduado e posgraduado dos títulos da Facultade de Dirección e Xestión Pública que conseguiu concluír os seus estudos integrando os persoais dos concellos, deputacións provinciais, administracións autonómicas e do Estado, así como de grandes e medianas empresas e en réxime de autónomos, e de asociacións do terceiro sector do mercado laboral galego, español e latinoamericano.
Como parte da “Comunidade Alumni-Uvigo” a idea é crear unha comunidade activa que axude á sustentabilidade dos títulos de Grao e Posgraduado, así como á mentoría do alumnado recentemente titulado, propoñendo para iso actividades “long-life learning” que resulten de interese para a #comunidadDXP e a mellora das súas competencias e habilidades profesionais e sociais, co obxectivo posto na mellora da sociedade á que servimos.
Información de contacto
Delegación de estudantes
+34 986 801 871
delegacionalumnadodxp@uvigo.es