O curso 2023/2024 comeza cunha actividade de presentación para o alumnado de 1º da Facultade de Dirección e Xestión Pública (Decanato, Delegación de Alumnado, Biblioteca, Servizos Informáticos); na devandita actividade expoñerase a organización dos estudos de Dirección e Xestión Pública, así como unha introdución ás materias do primeiro curso do GDXP.

Esta presentación DXP terá lugar o 11 de setembro, ás 9.00 am na aula 9 da Facultade DXP (segunda planta).

Para resolver calquera dúbida en relación coa actividade de presentación do GDXP, o correo electrónico de contacto é oscarbriones@uvigo.gal. Ademais desta actividade, a Vicerreitía de Estudantado e Empregabilidade da UVigo organiza o 5 de setembro, de 10.00 am a 14.00 pm, a Xornada de Benvida ao campus.

Máis información