O Observatorio de Gobernanza G3 da Universidade de Vigo, está integrado por un equipo de profesorado das áreas de Ciencia Política e da Administración e Socioloxía, especializados na análise dos problemas institucionais e sociopolíticos da nosa contorna local galego e español, así como do contexto europeo, latinoamericano e lusófono. O enfoque da gobernanza pública foi desenvolto ao longo das últimas dúas décadas por membros do equipo, participando en proxectos galegos, estatais, europeos e latinoamericanos que se poden revisar no BIDI e o repositorio institucional Investigo.

Liñas de investigación

  • Gobernanza Pública
  • Dirección Pública
  • Unión Europea
  • Gobernos multinivel
  • Recursos Humanos
  • e-Saúde
  • e-learning

Servizos ofertados

  • Asesoramento en deseños institucionais baseados en sistemas de gobernanza pública.
  • Informes sobre dirección pública nas organizacións.
  • Estudos sobre Unión Europea e gobernos multinivel.
  • Análise de recursos humanos en organizacións públicas.
  • Estudos sobre servicios públicos e a súa organización, xestión e avaliación.
  • Estudos sobre políticas públicas estatais, autonómicas e locais.
  • Informes sobre e-Saúde e portais de saúde públicos.
  • Deseño e implementación de sistemas de e-Learning na educación superior e universidades de España, Europa e América Latina.
  • Análise de sistemas de cooperación e creatividade institucional entre actores públicos, privados e do terceiro sector.
  • Desenvolvemento de plans de cooperación territorial e transfronteiriza en Europa e América Latina.

 

Información de contacto

Enrique José Varela Álvarez

+34 986 801 967
 evalvarez@uvigo.es

 

Máis información