As materias do Grao en Dirección e Xestión Pública e do Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional atópanse aloxadas na plataforma de teledocencia da UVigo, un espazo virtual amigable e de fácil uso onde o estudantado pode acceder ao material de estudo, ás probas de avaliación e ás distintas ferramentas de comunicación co profesorado.

Accede a Moovi

Tamén conta cun acceso directo ás aulas do Campus Remoto para recibir clases e ao despacho virtual de cada docente para as titorías.

Accede a Campus Remoto

 
Ademais das materias, na plataforma de teledocencia disponse do denominado “Espazo Común do Grao”, punto de información e encontro entre o estudantado e a coordinación do Grao, así como do “Curso Introdutorio en Dirección e Xestión Pública”, curso totalmente voluntario e non avaliable, dirixido a aquel estudantado que desexe familiarizarse coa plataforma e aproximarse, ao mesmo tempo, ao contido das materias do primeiro curso antes de comezar as clases.