Na Facultade de Dirección e Xestión pública podes cursar o Grao en Dirección e Xestión Pública en modalidade presencial e virtual, e o Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional unicamente en modalidade virtual. Se optas por esta modalidade debes saber que o ensino virtual ou e-learning é a educación a distancia, completamente virtualizada, que consiste na adquisición de competencias por parte do estudantado a través do uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), especialmente Internet, e a aplicación de modelos pedagóxicos que sitúan ao estudantado no centro do proceso de aprendizaxe e suxeito activo da súa formación.
Este tipo de ensino ten unha serie de vantaxes, que na Universidade de Vigo conta cunha tecnoloxía propia, áxil e segura (BigBlueButton):
Máxima flexibilidade
- Non hai horarios ríxidos nin desprazamentos
- O proceso de ensino adáptase ao ritmo de aprendizaxe de estudantado
- O estudantado dispón de prazos amplos para a entrega de actividades e realización de tarefas
Atención permanente e personalizada
- O profesorado actúa como un “facilitador” ou “guía” capacitando ao estudantado para que aprenda de forma autónoma e en colaboración co resto de compañeiros/as
- Seguimento rigoroso do estudantado a través da avaliación continua e feedback da mesma
Proceso de aprendizaxe dinámica
- Non se “ensina” unicamente coñecementos, senón que se ensina a “aprender a aprender”
- Participación activa do estudantado a través de aplicacións informáticas que facilitan a reflexión e o debate
- Favorécese o desenvolvemento da iniciativa, de actitudes, de intereses, de hábitos educativos no estudantado
Estas vantaxes trasládanse ao Grao Virtual en Dirección e Xestión Pública e no Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional nos seguintes recursos:
- Todas as materias cúrsanse a través da plataforma de teledocencia da UVigo. As probas de avaliación continua, exames finais e o Traballo Fin de Grao e o Traballo de Fin de Maestrado realízanse a través desta plataforma
- O material de estudo, incluído vídeos explicativos, é accesible no espazo virtual de cada materia. Neste vídeo descríbese o espazo virtual dunha materia. Tamén dispós dun “Curso Introdutorio en Dirección e Xestión Pública” ou “Curso 0”, voluntario e de balde
- Pódese asistir a clases e titorías online a través do Campus Remoto da UVigo e nos Despachos Virtuais do profesorado
- As canles de comunicación co profesorado son variados: videoconferencia, foros, chat e teléfono
- O estudantado dispón dun “Espazo Común do Grao”, punto de encontro coa Coordinación Académica do Grao
- O proceso de ensino-aprendizaxe do estudantado está pautado en cada materia baixo a supervisión permanente do profesorado. O noso lema é: “Estamos ao teu lado. Goza do estudo”