O traballo de fin de grao forma parte como módulo, materia ou disciplina do plan de estudos de todo título oficial de grao. No seu deseño debe preverse que a súa elaboración, avaliación e cualificación teñan lugar dentro do período previsto para realizar os estudos.
É un traballo persoal, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo a titorización do centro e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición das competencias e dos contidos formativos asociados ao título. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver liñas de traballo xa iniciadas con anterioridade no marco dos estudos da titulación.
No caso de que o traballo reproduza un texto publicado dixitalmente ou en formato tradicional, sen que o/a autor/a se faga eco desta cirscuntancia e o presente como propio e orixinal, considerarase como plaxio. O plaxio constituirá motivo de suspenso.
REGULAMENTO DO TFG
FORMULARIOS DO TFG
Traballo Fin de Grao 2026/2027
Oferta de titorización do TFG 2026/2027
Calendario de defensa do TFG
| Prazos | Solicitude de defensa | Defensa |
|---|---|---|
| Fin de Carreira | 26/10/2026 – 03/11/2026 | 09/11/2026 – 13/11/2026 |
| 1º cuadrimestre | 01/02/2027 – 05/02/2027 | 15/02/2027 – 19/02/2027 |
| 2º cuadrimestre | 07/06/2027 – 15/06/2027 | 21/06/2027 – 25/06/2027 |
| 2ª oportunidade | 05/07/2027 – 13/07/2027 | 19/07/2027 – 23/07/2027 |
Coordinación
Juan Vidal Puga