O Sistema de Garantía de Calidade do centro, en proceso de elaboración, constitúe unha ferramenta estratéxica básica para acadar unha mellora continua da Facultade de Dirección e Xestión Pública e das súas titulacións oficiais
Neste sentido, hai que sinalar que o RD 1393/2007 do 29 de outubro de 2007 (derogado polo RD 822/2021, do 28 de setembro de 2021), polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, esixe, para a verificación e acreditación dun título, a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa.