Benvidos e benvidas á web da Facultade de Dirección e Xestión Pública.
Acabades de entrar no espazo virtual dos únicos estudos de dirección e xestión pública do sistema universitario español e galego.
Como podereis observar no percorrido polos seus diferentes apartados, dispoñemos dunha serie de títulos baixo a modalidade de ensino-aprendizaxe presencial e virtual. Estas titulacións son oficiais e están acreditadas polos organismos estatais correspondentes. Atesouramos máis de dúas décadas de traballo de docentes, investigadores e persoal de administración en estudos sobre a dirección e a xestión pública.
Estamos especialmente orgullosos do noso Grao en Dirección e Xestión Pública (presencial e virtual), que conta cun plano de estudos renovados (2020) e orientado a dotar de competencias e habilidades sobre xestión, dereito, economía, e outras disciplinas que convirten este título nun case que “triple título” orientado para traballar no sector público, nas xestorías administrativas e en organizacións do terceiro sector. Tamén estamos moi satisfeitos do Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional (virtual), que xa cumpliu unha década e é un dos títulos máis valorados da nosa Universidade de Vigo e do conxunto do sistema español de posgraos en dirección pública.
Invitámosvos a entrar no noso espazo virtual, nos seus apartados (planos de estudo, eventos, novas …), así como na nosa Facultade física que está no Campus de Pontevedra desta maravillosa cidade do Lérez.
Sempre seredes benvenidos/as, sempre disporemos dun tempo para falar e para pensar de maneira colectiva como axudar á nosa contorna social, institucional e administrativa co fin de ter mellores organizacións e a resolver problemas públicos.
Esperámosvos en virtual e en presencial!
Enrique José Varela Álvarez
Decano da Facultade de Dirección e Xestión Pública
Campus de Pontevedra
Universidade de Vigo