O traballo de fin de grao forma parte como módulo, materia ou disciplina do plano de estudos de todo título oficial de grao. No seu deseño debe preverse que a súa elaboración, avaliación e cualificación teñan lugar dentro do período previsto para realizar os estudos.
É un traballo persoal, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo a titorización do centro e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición das competencias e dos contidos formativos asociados ao título. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver liñas de traballo xa iniciadas con anterioridade no marco dos estudos da titulación.
No caso de que o traballo reproduza un texto publicado dixitalmente ou en formato tradicional, sen que o/a autor/a se faga eco desta cirscuntancia e o presente como propio e orixinal, considerarase como plaxio. O plaxio constituirá motivo de suspenso.
REGULAMENTO DO TFG
FORMULARIOS DO TFG
Traballo Fin de Grao 2023/2024
Oferta de titorización do TFG 2023/2024
Calendario de defensa do TFG
Convocatoria | Solicitude de defensa | Defensa |
---|---|---|
Fin de Carreira | 30/10/2023 – 05/11/2023 | 22/11/2023 |
1º cuadrimestre | 29/01/2024 – 06/02/2024 | 27/02/2024 |
2º cuadrimestre | 10/06/2024 – 16/06/2024 | 25/06/2024 |
2ª oportunidade | 08/07/2024 – 14/07/2024 | 22/07/2024 |