O curso 2025/2026 comeza cunha actividade de presentación para o alumnado de 1º da Facultade de Dirección e Xestión Pública (Decanato, Delegación de Alumnado, Biblioteca, Servizos Informáticos); na devandita actividade expoñerase a organización dos estudos de Dirección e Xestión Pública, así como unha introdución ás materias do primeiro curso do GDXP.

Esta presentación DXP terá lugar o 8 de setembro, ás 9.00 am na aula 9 da Facultade DXP (segunda planta).

Para resolver calquera dúbida en relación coa actividade de presentación do GDXP, o correo electrónico de contacto é fernando.martinez@uvigo.gal.