As Cátedras Jean Monnet son unha modalidade que se integran nas Accións Jean Monnet que, a súa vez, forman parte do Programa Erasmus+
No nivel de educación superior, os seus obxectivos xerais son a promoción do ensino e da aprendizaxe, o fomento da investigación e o impulso de debates sobre diversos temas relacionados coa Unión Europea. En concreto, as Cátedras Jean Monnet están deseñadas, por unha banda, para afondar na docencia dos estudos europeos destinada a estudantes universitarios e, por outra banda, para ofrecer docencia cualificada sobre estes temas que presenten relevancia para o mercado laboral.
A Cátedra de Institucións e Cidadáns Europeos: Adaptar a Unión Europea aos retos da dixitalización (EICAEUD) sitúase neste contexto e responde plenamente aos criterios inspiradores das accións de Jean Monnet.