Profesor/a contratado/a doutor/a
Área de Ciencia Política e da Administración
Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía
Información de contacto
Facultade de Comunicación
A Xunqueira, s/n
36005 Pontevedra
+34 986 802 021
oscarbriones@uvigo.gal
Breve CV
Doutor en Ciencias Políticas pola USC con especialidade en Ciencia da Administración. Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración (especialidade Administración pública) e Licenciado en Dereito. Máster en xestión de organizacións e servizos sociais. Actualmente exerce como profesor da Universidade de Vigo, Coordinador Académico e Secretario da Facultade de Dirección e Xestión Pública. Anteriormente prestou servizos na Administración Pública Autonómica e Local. Tamén imparte clases de dirección pública en tres mestrados, de ámbito nacional e internacional, relacionados con esta temática e asesorou tecnicamente a gobernos autonómicos e locais en materia de xestión de recursos humanos e dirección pública. Os seus principais traballos e investigacións viraron ao redor da auditoría pública, calidade dos servizos públicos, xestión de recursos humanos e en especial a función directiva, así como o estudo das políticas públicas con especial orientación á temática ambiental. Secretario do Grupo de Investigación Observatorio para a gobernanza.
Docencia
1º cuadrimestre
2º cuadrimestre
Grao en Dirección e Xestión Pública
P07G092V01206 | Xestión de recursos humanos: Relacións de postos de traballo e ofertas de emprego público multinivel
Grao en Dirección e Xestión Pública (virtual)
P04G095V01206 | Xestión de recursos humanos: Relacións de postos de traballo e ofertas de emprego público multinivel
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
P04M125V11212 | Teoría e técnicas de negociación sociopolítica: xeración de consenso e confianza