Profesor/a contratado/a doutor/a
Área de Ciencia Política e da Administración
Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía
Información de contacto
Facultade de Comunicación
Despacho 226
A Xunqueira, s/n
36005 Pontevedra
+34 986 802 031
xmahou@uvigo.es
Breve CV
Doutor en Ciencia Política e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela desenvolve o groso da súa traxectoria docente e investigadora na Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo. Xunto con colegas da súa Área e doutras universidade ten organizado actividades de I+D e participado en proxectos de investigación competitivos e en Congresos estatais e internacionais así como impartido cursos na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Asemade forma parte dos grupos de investigación “Observatorio de Gobernanza-G3” e GOBERNET. Realizou estadías na Georgetown University (Washington) e na Universitat Oberta de Catalunya (IN3 Institute, Barcelona) e as súas principais liñas de traballo son as políticas públicas e o goberno electrónico, ámbitos que nutren a meirande parte das súa produción científica.
Docencia
1º cuadrimestre
Grao en Dirección e Xestión Pública
P07G092V01406 | Goberno aberto, política e institucións
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
P04M125V11112 | Xestión pública no século XXI: dos paradignas
2º cuadrimestre
Grao en Dirección e Xestión Pública
P07G092V01109 | Ciencia política: Políticas públicas
P07G092V01410 | Estratexias de cooperación ao desenvolvemento sostible
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
P04M125V11213 | Métodos de investigación na xestión pública