O Observatorio de Gobernanza G3 da Universidade de Vigo, está integrado por un equipo de profesorado das áreas de Ciencia Política e da Administración e Socioloxía, especializados na análise dos problemas institucionais e sociopolíticos da nosa contorna local galega e española, así como do contexto europeo, latinoamericano e lusófono. O enfoque da gobernanza pública foi desenvolto ao longo das últimas dúas décadas por membros do equipo, participando en proxectos galegos, estatais, europeos e latinoamericanos que se poden revisar no BIDI e o repositorio institucional Investigo.
Liñas de investigación
- Gobernanza Pública
- Dirección Pública
- Unión Europea
- Gobernos multinivel
- Recursos Humanos
- e-Saúde
- e-learning
Servizos ofertados
- Asesoramento en deseños institucionais baseados en sistemas de gobernanza pública.
- Informes sobre dirección pública nas organizacións.
- Estudos sobre Unión Europea e gobernos multinivel.
- Análise de recursos humanos en organizacións públicas.
- Estudos sobre servicios públicos e a súa organización, xestión e avaliación.
- Estudos sobre políticas públicas estatais, autonómicas e locais.
- Informes sobre e-Saúde e portais de saúde públicos.
- Deseño e implementación de sistemas de e-Learning na educación superior e universidades de España, Europa e América Latina.
- Análise de sistemas de cooperación e creatividade institucional entre actores públicos, privados e do terceiro sector.
- Desenvolvemento de plans de cooperación territorial e transfronteiriza en Europa e América Latina.