Profesor/a contratado/a de substitución
Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía
Información de contacto
Breve CV
Doutora en Ciencia Política pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Na actualidade colabora como docente interina na Universidade de Vigo, impartindo materias sobre Goberno aberto, Dirección Pública Profesional; e Estratexias de cooperación ao desenvolvemento sostible. Algunhas das súas liñas de investigación habituais son as Políticas de Igualdade de xénero e as Políticas de eSaúde, temas sobre os que ten publicado diversos artigos académicos. No ano 2021 foi premiada co I Premio Valedora do Pobo ao mellor Traballo Fin de Máster (TFM) en materia de Igualdade e Dereitos das Mulleres co traballo titulado: “As políticas de Igualdade de xénero na Universidade: o caso de Galicia”. Nos últimos anos vén colaborando coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), titorizando cursos dirixidos ao funcionariado galego sobre igualdade de xénero e prevención da violencia machista; e co Servizo de Formación do Persoal Administrativo e de Servizos (PAS) da USC, impartindo cursos sobre Ética na Administración Pública.
Docencia
1º cuadrimestre
Grao en Dirección e Xestión Pública
P07G092V01406 | Goberno aberto, política e institucións
Grao en Dirección e Xestión Pública (virtual)
P04G095V01101 | Ciencia política: Ciencia politica
P04G095V01406 | Goberno aberto, política e institucións
2º cuadrimestre
Grao en Dirección e Xestión Pública
P07G092V01306 | Dirección pública profesional
P07G092V01308 | Dirección pública nos gobernos locais
Grao en Dirección e Xestión Pública (virtual)
P04G095V01410 | Estratexias de cooperación ao desenvolvemento sostible