Profesor/a contratado/a doutor/a
Área de Organización de Empresas
Departamento de Organización de Empresas e Mercadotecnia
Información de contacto
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Edificio xurídico-empresarial
Despacho E/4-16
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 368 923
jpita@uvigo.gal
Breve CV
Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid. Postgraduate Diploma in Social Research Methods, pola Universidade de Gales-Reino Unido. Vicedecano de Alumnado e Responsable de Relacións Internacionais da Facultade de CC. Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Profesor do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo na área de Comercialización e Investigación de Mercados, impartindo docencia na Facultade de CC. Empresariais e Turismo no Campus de Ourense, e na Facultade de CC. Sociais e da Comunicación no Campus de Pontevedra. Ademais, foi Profesor de Marketing e de Comercio Internacional na Escola de Negocios Caixanova, na Escola de Organización Industrial (EOI), e en ESINConsultores e membro da Comisión Permante, da Comisión de Calidade e da Comisión de Convalidaciones da Facultade de CC. Empresariais e Turismo de Ourense. Participou en múltiples proxectos de investigación e publicacións. Entre eles pódese destacar a última colaboración realizada en 2011 no Deseño de Estratexias para o impulso da Actividade Cruceirista: Aplicación ao Casco de Vigo, para o Instituto Galego de Promoción Económica. Entre as súas publicacións cabe destacar, entre outras, “A model to assess the contribution of innovative SMEs to economic growth: the intanxible approach”, Economics Letters (2012). Foi Coordinador durante cinco anos dos programas Bachelor in Business Administration -Licenciatura en Dirección e Administración de Empresas- (1996-1999), Master en Dirección Comercial e Marketing, e Diploma in Business Administration (1999-2000), homologados pola Universidade de Gales. Responsable de Formación in Company (1997), Coordinador dos Masters funcionais de Tributación e Sistema Fiscal, Dirección Comercial e Marketing, e Recursos Humanos (1996) da Escola de Negocios Caixanova.
Docencia
1º cuadrimestre
2º cuadrimestre
Grao en Dirección e Xestión Pública
P07G092V01408 | Marketing público e responsabilidade social institucional
Titorías
1º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
2º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.